domingo, 30 de junio de 2013

PECHANDO BLOG

Ola amigos. Como xa sabedes moitos o camiño deste mestre polos corredores deste centro rematou. Un novo destino agarda, unha nova singladura comeza. É por iso que a razón de ser deste blog finalizou. Quedan ligadas ao blog imaxes vosas ("AS NOSAS IMAXES") que seguro que no futuro apreciaredes. Vivencias, compañeiros... recordos que seguro que vos gustaría ter. O blog permanecerá activo durante un tempo para que teñades a oportunidade de descargalas, facédeo, o esforzo será premiado no futuro cando vos entre, nalgún momento, un chisco de nostalxia. Un abrazo moi forte a todos. (Non vos esquezades de que tedes o meu correo no lateral dereito do blog).